logo paquebote
62 libros encontrados buscando autor: Maria Canosa

www.paquebote.com > Maria Canosa

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-946502-3-9

SERÁ CORRECTO? «A GUÍA DE PROTOCOLO MÁIS DIVERTIDA E SINXELA MAIORES E PEQUENOS»

Editorial: HERCULES EDICIONES   Año:    Páginas: 88
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-16834-21-1

LOBO RAMON INF JUV20

Editorial: OQUELEO   Año:    Páginas: 96
Precio: 8,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-945494-3-4

CADERNO DE LÚAS

Editorial: BULULU   Año:    Páginas: 36
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-944092-6-4

Parar o mundo

Editorial: Trifolium   Año:    Páginas: 32
Formato: Cartoné
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-120115-7-9

LA PEREGRINA GASTRÓNOMA «Una guía del Camino Inglés»

Editorial: SOMOSLIBROS   Año:   
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-120115-8-6

A PEREGUINA GASTRÓNOMA «Unha guía do Camiño Inglés»

Editorial: SOMOSLIBROS   Año:   
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-559-2

O lado do que dormes

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: Rústica cosido a fío, 15,50 x 23,00
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.
Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.


ISBN:

978-84-9121-636-0

Unha fábrica de bicos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 32
Formato: Cartoné
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non. Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar?


ISBN:

978-84-9121-191-4

A cazadora de estrelas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.


ISBN:

978-84-9121-274-4

Muriel

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».



• María Canosa (Autor/a). María Canosa (Cee, 1978) é profesionalmente enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sendo escritora de corazón. Articulista en "La Voz de Galicia", foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Foi a «experta» en letras nos concursos dos programas de TVG Cifras e letras e Verbas van. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con "Bramido maino" e "A pedra do seixo", publicadas en 1997, e continuada, entre outras, por títulos como "O Crebanoces" (2011); "Xiana, a nena pirata" (2012); "Viaxes de inverno" (2013); "Druidas" (2014); "Rubicundo" (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; "O día que choveu do revés" (Xerais 2016); "A cazadora de estrelas" (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016, e Muriel (Xerais 2017), Premio Merlín 2017. Como narradora publicou "Faíscas" (2009), "DisParo" (2016), "Non é París" (2016) e "Cando cae a luz" (2016). Publicou, ademais, o libro de poemas "Ronca o mar" (2011) e o ensaio "A que altura está o ceo?" (2016), en colaboración con Jorge Mira.)., Lucía Cobo (Ilustrador/a). Lucía Cobo (Lugo, 1982), filla de libreiro e mestra, creceu amando os libros. Aínda que estudou unha enxeñaría, sempre soubo que a súa paixón eran as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica, titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Colabora en revistas e webs e publica en varias editoriais. En 2014 obtivo unha Mención de Honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración de México. Ten os seguintes libros publicados: "Caer de cu polo universo" (2015), "Osa" (2015), "Un gato en las nubes" (2015), "O soño do Merlo Branco" (Xerais, 2016), "Bruxa e familia" (2017) e "Muriel" (Xerais 2017).
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos de aventuras (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos sobre la familia y el hogar (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Relatos sobre animales (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 9 años;

• INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 9 anos en diante.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal